O audiovisual galego opta a 10 Premios Goya

O que arde" de Oliver Laxe compite por facerse co Goya á mellor longametraxe

"O que arde", o filme galego de Oliver Laxe"
"O que arde", o filme galego de Oliver Laxe

O Palacio de Deportes de Málaga acollerá este sábado, día 25 a gran gala do cinema español, os Premios Goya, uns galardóns nos que Galiza e o audiovisual galego están representados por 10 candidaturas, entre as que figuran as de mellor película e mellor dirección. Son, como ocorreu noutros festivais estatais e internacionais, para a recoñecida película “O que arde” de Oliver Laxe, que compite por facerse co Goya á mellor longametraxe xunto con `Dor e gloria`, `Intemperie`, `A trincheira infinita` e `Mentres dure a guerra`.

Laxe aparece, ademais, como candidato ao Goya á mellor dirección, que se disputará con Jon Garaño, Aitor Arregi e José Mari Goenaga; Pedro Almodóvar e Alejandro Amenábar.

Tamén “O que arde” –coprodución internacional a cargo de 4A4 Productions, Miramemira e Tarántula– é unha das candidaturas á mellor actriz revelación, á que opta, aos seus 84 anos, Benedicta Sánchez.

No ámbito masculino, o de actor revelación, o audiovisual galego fai dobrete coa candidatura de Santi Prego, por `Mentres dure a guerra`, e con Enric Auquer, que opta a este premio pola súa participación na película `Quen a ferro mata`, coproducida por Vaca Films e ambientada en Galiza.

Dende `Quen a ferro mata`, o seu protagonista, o galego Luís Tosar, tamén opta ao Goya ao mellor actor principal, que se disputa con Karra Elejalde, Antonio Banderas e Antonio da Torre.

SON, ANIMACIÓN E FOTOGRAFÍA

O cuarto Goya ao que opta “O que arde` é o de mellor fotografía, que podería ser para Mauro Herce, mentres que “Quen a ferro mata` tamén é candidata ao Goya ao mellor son, en nome de David Machado, Yasmina Praderías e Gabriel Gutiérrez.

Finalmente, o audiovisual galego tamén está representado nos Goya 2020 no premio de mellor curto de animación, ao que opta ` Homomaquia`, do lucense David Fidalgo; e polo coruñés Eligio Montero que, xunto con Salvador Simó, son candidatos ao Goya ao mellor guión adaptado por ` Buñuel no labirinto das tartarugas`

Sé o primeiro en comentares!

Deixa un comentario