UCIS galegas entran en colapso Traslados de pacientes UCI de Ferrol a Lugo, falta de persoal e a suspensión de operacións en varios hospitais evidencian que a presión hospitalaria aumenta e chega a números dos primeiros meses da pandemia

Hombre en UCI
Hombre en UCI

Os pacientes afectados pola pandemia voltaron a aumentar en Galiza e sitúanse xa en 610, o que supón 32 máis que este domingo, dos cales 110 atópanse en Unidade de Coidados Intensivos (UCI), cinco máis.

Fontes médicas consultadas  falan dun “colapso” na Unidade de Coidados Intensivos do hospital Arquietecto Marcide de Ferrol que descartan dende o Sergas. “Trasladamos só un paciente como medida preventiva”, aseguraban dende a Xunta.

A mesma crítica faina o Sindicato de Enfermería SATSE que nega que a suspensión de operacións no Hospital Álvaro Cunqueiro se deba á falta de profesionais de Enfermería, senón ao colapso das UCIS.

As recentes anulacións de operacións cirúrxicas veñen motivadas por motivos alleos aos profesionais de Enfermería, como que a UCI está ao 100% e tiveron que habilitar camas en REA. Unha decisión tomada directamente pola dirección do centro. “Foi precisamente a voluntariedade das enfermeiras a que posibilitou que moitas operacións que había programadas puidesen levar a cabo”, explican desde SATSE tal e como recolle Xornal de Vigo.

DENUNCIAS DOS SANITARIOS

Os sanitarios denuncian falta de persoal, instalacións “obsoletas” e mesmo incumprimentos do protocolo do Ministerio. Segundo apuntan, o CHUAC está a usar unha UCI “insalubre” clausurada pola Inspección en 2017. En Santiago, a xerencia mestura persoal da UCI da pandemia co da ‘limpa’. Mentres tanto, seguen subindo os ingresos: en Vigo están ó 100%.

A circunstancia na área sanitaria de Vigo, actualmente á cabeza da pandemia en Galiza, preséntase especialmente escura. De acordo coa agrupación de CIG-Saúde da cidade, a UCI sucia do Álvaro Cunqueiro está xa ó 100% da súa ocupación. Ante esta situación de desborde, a Xerencia vén de habilitar a Unidade de Reanimación contigua para novos pacientes, un recurso do que xa se tirou na primeira vaga.

A diferenza dalgunhas das salas recollidas nesta reportaxe, a UCI sucia da CHUVI si conta con cubículos diferenciados para cada paciente. Iso si, na unidade de críticos volven saír a relucir os contratos brevísimos xa denunciados por sindicatos e sanitarios doutras áreas. “Hai persoas que levan traballando un ano na UCI con contratos de 15 días”, apuntan dende a CIG, que carga fortemente contra este modelo: “ao non ter contratos longos, os sanitarios non poden acumular días libres, e nunha profesión como esta o descanso é moi necesario”.

A Consellería de Sanidade tentar quitar ferro pero que preocupa, e moito, ós sanitarios galegos.  En particular despois de que a comunidade acadara un máximo histórico de contaxios que só se está a reducir coa orde de Núñez Feijóo de non facer PCRs a contactos de positivos. Nestas circunstancias, os sanitarios das UCIs atópanse “indignados” contra un Sergas que “improvisa ao día” porque “non preparou a segunda vaga”.

A falta de man de traballo na UCI deixa ós enfermeiros que a atenden na corda frouxa, xa que non habería suplentes no caso de que algún deles tivese que coller a baixa. Esta circunstancia vén dada porque a Xerencia, di González, non preparou un cadro de persoal de cara á segunda vaga da pandemia. A enfermeira explica que, para paliar o déficit, “retiráronnos días libres e vacacións. Houbo moitos casos de chamadas á unha da mañá nun día libre para que viñeras á planta”, explica.

O Sergas botou man deste recurso –manifestamente “ilegal” para a CIG– porque, como explican os sanitarios, un profesional da UCI non pode ser intercambiado por outro de planta. “As UCI contan cunha serie de elementos específicos, distintos ó resto do hospital”, describe Alvedro.  “Require un período de formación extenso que a Xerencia nin sequera comezou con xente nova”, espeta.

Neste panorama sen recambios, a Xerencia compostelá fai rotacións entre persoal das dúas UCIs -a limpa e a sucia-, nunha estratexia que contradí as recomendacións publicadas polo Ministerio de Sanidade xa no mes de marzo. O risco destes recambios é evidente, máis tendo en conta o estado de por si delicado dos ingresados na UCI limpa.

AUMENTAN OS PACIENTES

Por outra banda, os pacientes con virus voltaron a aumentar en Galiza. Así se reflicte nos datos actualizados este luns pola mañá na páxina web da Consellería de Sanidade con cifras ata as 18,00 horas deste domingo, recollidos por Europa Press, nos que se indica que hai 500 pacientes  polo virus ingresados en unidades de hospitalización convencional en Galiza, 27 máis que este domingo e 110 en unidade de críticos.

Os pacientes hospitalizados con Cvid aumentan en todas as áreas sanitarias galegas con respecto a este domingo. En concreto, na da Coruña e Cee ascenden a 161 –13 máis–, deles 31 en UCI –tres máis–.  Na área de Vigo aumentan en catro, a 107, os pacientes con ingresados, deles 25 en UCI, un menos, e 82 noutras unidades de hospitalización –cinco máis–.

Mentres, na de Ourense soben a 89 as persoas afectadas polo virus ingresadas, sete máis, 12 delas en UCI –sen cambios– e 77 noutras unidades –sete máis que este domingo–.  A área de Santiago e Barbanza rexistra 63 pacientes con cvid hospitalizados, un máis, deles 17 en UCI –dúas máis– e 46 en tras unidades –un menos–.

Pola súa banda, na área de Pontevedra e O Salnés aumentan a 70 as persoas con cvid ingresadas, dúas máis, das cales nove permanecen en UCI –dúas máis– e 61 noutras unidades –sen cambios–.  Na de Lugo increméntanse a 59 os hospitalizados con Cvid, dous máis, deles cinco en UCI –un menos– e 54 noutras unidades –tres máis–.  E na de Ferrol os ingresados con cvid increméntanse a 61, tres máis, dos cales 11 seguen en UCI –sen cambios– e 50 noutras unidades –tres máis–.

En total, 110 están en unidades de coidados intensivos (cinco máis nun día), para atopar un número similar de ingresados ​​na UCI temos que remontarnos ao 19 de abril. O pico marcouse a principios dese mes con 178 persoas na situación máis crítica. A taxa de hospitalización xeral subiu ao 6,7%.

RESIDENCIAS

Este domingo as autoridades sanitarias notificaban o falecemento de cinco usuarios de centros xeriátricos, que tamén se retiran do cómputo, ao que se suman dous novos casos positivos rexistrados na residencia de maiores San José de Narón (que ata este luns non figuraba na listaxe) e na residencia de San Cibrao de Cervo (Lugo), respectivamente.

Á parte das seis altas de Domusvi Ribaduma, os datos ofrecidos pola Consellería de Política Social este luns recollen outros dous anciáns curados na residencia Irmáns Prieto do Carballiño e outras dúas curacións en Nosa Señora dos Anxos de Ribadavia.

Así, os datos globais achegados pola Xunta este luns manteñen ás instalacións de DoralResidencias de Mos como as de maiores cifras de contaxiados, cun total de 92 anciáns, seguidas dos 48 de DomusVi Ribadumia e dos 41 de Ballesol de Vigo.

Tamén contan con grandes grupos de internos infectados a residencia de Salvaterra do Miño (26), a San Cibrao de Cervo (24), a Nosa Señora dos Milagres de Barbadás (17), a Nosa Señora dos Anxos de Ribadavia (17), a DomusVi Coruña (16), a residencia Santa Olalla de Boqueixón (13) e a San Salvador de Guntín (11).

O CRAPD de Vigo II ten oito, os mesmos que a Vivenda Comunitaria Remanso de Paz da Fonsagrada e o Fogar Residencial San Miguel de Silleda. Tamén hai anciáns diagnosticados de  na Ballesol de Oleiros (5), en Nosa Señora das Virtudes de Pontedeume (4), en DomusVi Monforte (4), en DomusVi Lugo, de Outeiro (4), nos xeriátrico Irmáns Prieto do Carballiño (2), en Fogar Residencial Bo Día de Nigrán (3), na Saleta de San Cristovo de Cea (3), en Nosa Señora Valvanera de Cambados (3), na residencia Divina Pastora de Vilagarcía (2), na miña Casa de Ferrol (2) e na residencia de Monforte (2).

Casos individuais rexístranse nas Fragas de Pontedeume, en Caranza-Ferrol, en Virxe da Clamadoira de Muíños e en Os Gozos de Pereiro de Aguiar. Igualmente, sumar á listaxe un caso na residencia San José Hermanitas de Narón.

251 TRABALLADORES CONTAXIADOS

En canto aos traballadores destes centros, nas últimas 24 horas baixou o cómputo total de diagnosticados de , ata os 251. Isto foi posíbel grazas a que 16 curáronse –seis en Valvanera de Cambados, un en Ballesol de Oleiros, dous en Domusvi Coruña de Oleiros, un no fogar residencial San Miguel de Silleda, un na residencia de San Cibrao de Cervo, un na residencia de O Socorro na Arnioa, un en Irmáns Prieto do Carballiño, dous en San José de Ourense e un en Ballesol de Poio–.

O centro DoralResidencias de Mos e a Nosa Señora dos Milagres de Babardás, con 36 positivos ambas, son os principais focos de entre os persoais. Seguen a estes a DomusVi Ribadumia, con 29 empregados contaxiados; a de Salvaterra, con 20; e Nosa Señora das Virtudes de Pontedeume, con 18.

CENTROS DE DISCAPACIDADE

Pola súa banda, os centros de atención a persoas con discapacidade (CAPD) de Galiza mantéñense este luns en 46 usuarios infectados. En concreto, 17 correspóndense co complexo de DoralResidencias de Mos, posto que tamén atende a este colectivo; 15 ao centro San Vicente de Paúl de Lugo e 14 a DomusVi Bóveda.

Así mesmo, quedan 15 diagnosticados entre os traballadores dos CAPD: seis en DomusVi Bóveda, catro en San Vicente de Paúl e cinco que se reparten, respectivamente, entre a residencia Souto de Leixa de Ferrol, o centro Aspanaes das Pontes, a residencia Domingo Gómez Freire de Ourense, a Santa María de Ourense e a residencia Chapela, en Redondela.

Sé o primeiro en comentares!

Deixa un comentario